Un gol de Manuti para o Estradense acaba coa resistencia do Marcón (1-0)
Por Redacción
Terceira derrota consecutiva do Marcón en liga, nesta ocasión na súa visita ao novo campo municipal da Estrada.
O Estradense impúxose grazas a un gol de Manuti aos 35 minutos de xogo, como recompensa á superioridade local nos primeiros 45 minutos.
Os pontevedreses melloraron tras o descanso e contaron con opcións de empatar, en especial nunha acción de Héctor que se foi fóra por pouco, pero non conseguiron ver porta.
A derrota deixa ao Marcón na décimo cuarta posición con 15 puntos.