Valiñas dálle tres importantes puntos ao Marcón ante o Caselas (1-0)
Por Redacción
Triunfo reparador do Marcón Atlético na visita do Caselas ao campo pontevedrés do Carrasco (1-0).
Os de Carlés, tras tres derrotas consecutivas, fixeron méritos máis que suficientes para lograr unha vitoria máis ampla, pero fallaron nos últimos metros.
Despois dun primeiro tempo igualado, un gol de Valiñas aos 56 minutos resultou decisivo e fixo xustiza ao visto sobre o terreo de xogo.
O triunfo dá un respiro aos pontevedreses na clasificación do Grupo Sur de Preferente, pasando a ocupar a duodécima praza con 18 puntos.
Consulta aquí o acta do partido.