Tres puntos de ouro do Marcón en Sanxenxo (1-2) cun gol de Luis nos minutos finais
Por Redacción
Segundo triunfo consecutivo do Marcón Atlético na liga para relanzarse na clasificación da Preferente.
Os de Carlés souberon aproveitar o nerviosismo e os erros dun necesitado Xuventú Sanxenxo para levar os tres puntos de Baltar de Arriba (1-2).
Fíxoo cun gol nos últimos minutos de Luis, remachando unha contra iniciada tras unha perda de balón local en mediocampo.
Antes o Marcón adiantouse cun chisco de fortuna, no minuto 13, nunha acción de Sapi, aínda que o último en tocar foi o defensor amarelo Cristóbal.
Empatou o Sanxenxo só un minuto despois cun tanto de Curri, entrando nunha fase de intercambio de oportunidades sen premio para ambos os equipos ata o citado minuto 86.
O triunfo coloca ao Marcón na novena praza con 21 puntos, mentres o Xuventú Sanxenxo é décimo cuarto con 17 puntos.
Consulta aquí o acta do partido.
Relacionadas:
-
O Marcón frea ao líder Villalonga e queda a cinco minutos do triunfo (1-1)
Por Redacción |
-
O Céltiga axexa os postos de ascenso e o Villalonga destácase aínda máis no liderado de Preferente
Por Redacción |
-
Intratable o Villalonga no Grove e triunfos de Sanxenxo, Portonovo e Céltiga
Por Redacción |
-
Valiñas dálle tres importantes puntos ao Marcón ante o Caselas (1-0)
Por Redacción |