O Marcón frea ao líder Villalonga e queda a cinco minutos do triunfo (1-1)
Por Redacción
A só cinco minutos dunha auténtica machada quedou o Marcón Atlético na visita o Carrasco do intratable líder da Preferente, o Villalonga (1-1).
Sapi adiantou aos pontevedreses aos 9 minutos, que foron superiores durante a primeira metade.
Tras o descanso o cadro visitante reaccionou na busca da remontada, obrigando aos pupilos de Carlés a defender o resultado.
Fixérono con éxito, a pesar dos esforzos celestes, ata o minuto 85, cando o Villalonga fixo a igualada por medio de Héctor.
Co empate o Marcón queda undécimo con 22 puntos, mentres o Villalonga segue líder destacado con 41.
Consulta aquí o acta do encontro.
Relacionadas:
-
O Marcón supera ao Arenteiro (1-2) e segue á alza na clasificación
Por Redacción |
-
O Céltiga colócase en ascenso, o Unión Grove golea e Sanxenxo e Portonovo volven fallar
Por Redacción |
-
O Céltiga axexa os postos de ascenso e o Villalonga destácase aínda máis no liderado de Preferente
Por Redacción |
-
Tres puntos de ouro do Marcón en Sanxenxo (1-2) cun gol de Luis nos minutos finais
Por Redacción |