Intratable o Villalonga no Grove e triunfos de Sanxenxo, Portonovo e Céltiga
Por Redacción
Unha semana máis o Villalonga mantén o paso firme á fronte da Preferente despois de gañar con autoridade no Monte da Vila do Grove (0-2).
O partido estivo marcado pola grave lesión do celeste Adrián Santos, que tivo que ser evacuado en ambulancia tras sufrir un forte golpe no seu rostro.
Iso sucedeu case na última xogada do encontro. Antes o Villalonga mostrara a súa cara máis contundente cos goles de Manu Santos e Bisti antes do descanso, un resultado que aguantou na segunda parte a pesar da expulsión de Saúl.
Cos tres puntos os celestes manteñen os oito de vantaxe á fronte da táboa, mentres o Unión Grove cae á décimo quinta praza con 16 puntos.
A xornada estivo tamén marcada pola recuperación de Portonovo e Sanxenxo.
Os arlequinados conseguiron gañar despois de cinco partidos sen conseguilo ao impoñerse nun traballado choque ao Arenteiro (2-0). Daniel e Nicolás marcaron os tantos do Portonovo na segunda metade para certificar un triunfo que coloca aos de Baltar undécimos con 19 puntos.
Pola súa banda o Xunventú Sanxenxo, á segunda, brindou a primeira vitoria ao seu novo adestrador ao superar a domicilio ao Ourense (0-1). Os amarelos deixan atrás catro xornadas sen gañar grazas un gol de Álex Corrales na segunda metade que lles coloca décimo cuartos con 17 puntos.
Completou a xornada o Céltiga cunha vitoria na casa ante o Porriño Industrial (2-1) grazas a un tanto nos últimos minutos de Álex Pena. Os da Illa mantéñense nos postos cabeceiros sendo cuartos con 25 puntos.
Relacionadas:
-
O Céltiga axexa os postos de ascenso e o Villalonga destácase aínda máis no liderado de Preferente
Por Redacción |
-
Tres puntos de ouro do Marcón en Sanxenxo (1-2) cun gol de Luis nos minutos finais
Por Redacción |
-
Valiñas dálle tres importantes puntos ao Marcón ante o Caselas (1-0)
Por Redacción |
-
Villalonga e Unión Grove levan os derbis ante Portonovo e Sanxenxo
Por Redacción |