Experiencia positiva para o Club Saraiba no Euskalgym
Por Redacción
A escola deportiva do Club Saraiba de Poio competiu a pasada fin de semana, e con notables resultados, no Euskalgym, competición considerada como antesala do Campionato de España.
As ximnastas do Saraiba completaron unha boa e positiva experiencia competitiva ante clubs de gran nivel, que acudirán aos próximos nacionais.
Alí tamén estarán as pontevedresas, e chegarán coa moral alta tras a oitava posición lograda no Euskalgym entre o 35 clubs participantes, sendo o primeiro galego na clasificación.
O próximo reto do Saraiba será agora realizar un bo papel no Campionato de España. O de base celebrarase en Zaragoza do 19 ao 22 de novembro e o federado do 3 ao 6 de decembro.