Atlético Novas impón a lóxica fronte a BM Pontevedra (21-29) e Poio Artai perde unha final en Redondela (33-14)
Por Redacción
Non puido o BM Pontevedra fronte a un dos aspirantes ao ascenso como o Acanor Atlético Novás. Os do Rosal impuxeron a lóxica e o seu maior potencial para levar unha clara vitoria, asentada na achega de Álex Tsybanev (7 goles), unha forte defensa e na súa maior experiencia.
Os de Pedro Pérez Pazos aguantaron o tipo ata o minuto 20 (7-7), pero a partir de aí veu o despegamento visitante, cun parcial de 2-7 que lles permitiu irse ao descanso cunha cómoda vantaxe de cinco goles (9-14).
Na continuación BM Pontevedra tentou achegarse sen demasiado éxito, manténdose esa diferenza novamente ata o últimos dez minutos, momento en que o Novás deu un novo estirón para irse xa definitivamente no marcador ata unha máxima vantaxe de 11 goles (17-28) a falta de cinco minutos, que se reduciría lixeiramente para quedar nese claro 21-29 final.
Estanislao Erselle, con nove goles, foi o máximo realizador do BM Pontevedra e do partido.
Consulta aquí as estatísticas completas do partido.
DERROTA TRANSCENDENTAL DO POIO ARTAI FRONTE Á S.A.R. DE REDONDELA
Derrota sen paliativos e ademais encaixando unha nova malleira a sufrida polo Poio Artai na súa visita á S.A.R. de Redondela. O equipo local, que non atravesaba un bo momento, sumando só tres puntos na seu marcador, pasou por encima do cadro de Dani Rey, que en ningún momento foi capaz de presentar batalla nin ter a máis mínima opción.
Poio Artai apenas resistiu os cinco primeiros minutos, para afundirse xa cun rotundo 10-3 aos quince minutos de partido. A partir de aí as diferenzas foron crecendo paulatinamente de forma case matemática (17-7 ao descanso) ata chegar a ese contundente 33-14 final, que evita calquera comentario.
Relacionadas:
-
Calvo Xiria non dá opción a BM Pontevedra (33-22) e Poio Artai cede ao final fronte a Lavadores (23-29)
Por Redacción |
-
Dous puntos de ouro para BM Pontevedra ante BM Artabro (36-24) e nova derrota de Poio Artai (29-25) en Porriño
Por Redacción |
-
Granitos Ibéricos supera a BM Pontevedra (29-27) e Poio Artai sofre outra malleira (18-32) a mans de OAR Coruña
Por Redacción |
-
BM Pontevedra leva o derbi de necesitados ao impoñerse (20-23) ao Poio Artai
Por Redacción |
-
Sete minutos de descoido colectivo cústanlle o partido ao BM Pontevedra (23-28) ante BM Lalín
Por Redacción |
-
BM Pontevedra acariña a remontada imposible en Coia (29-23) e Poio Artai cae ante Luceros (17-33)
Por Redacción |