Remontada do Leis ante o Ventorrillo e derrota do ADFS Bueu en Asturias
Por Redacción
Importante e traballado triunfo o logrado polo Leis Pontevedra masculino na visita ao Pavillón Municipal dos Deportes do Ventorrillo (6-3).
Os de Manu Cossío repuxéronse a unha primeira metade na que dominaron os visitantes, cunha presión alta que non deixaba respirar ao Leis.
A pesar de que os pontevedreses se adiantaron aos 9 minutos, ao descanso chegábase cun xusto 1-2 no marcador.
Na segunda metade a tónica foi similar, pero co Leis creando máis perigo que o seu rival en rápidos contraataques. Así chegaría primeiro a igualada e despois os goles que abrían brecha (4-2 no minuto 31).
O Ventorrillo recorreu ao porteiro-xogador a falta de 7 minutos, pero o que chegaría sería o 5-2 antes do último tanto dos visitantes que maquillaba o resultado.
Co triunfo o Leis empata na clasificación co segundo posto, sendo terceiro con 17 puntos.
Pola súa banda o ADFS Bueu encaixou en Asturias a súa primeira derrota a domicilio da tempotrada, ao perder por 5-4 ante o Boal.
Os de Javi Santos pagaron caro un mal inicio, ao encaixar tres goles nos sete primeiros minutos.
A derrota deixa ao Bueu na a duodécima praza da Segunda B con 9 puntos.