Sexto posto final para Támara Echegoyen e Berta Betanzos no Mundial de Arxentina
Por Redacción
Cara e cruz na xornada final do Campionato do Mundo de Vela da calse 49er, que se disputou toda a semana en augas arxentinas de San Isidro. Bos Aires.
Tras a definitiva Medal Race, Támara Echegoyen e Berta Betanzos conseguiron ascender unha posición, ata a sexta praza da xeral, confirmando durante toda a semana que se atopan entre as aspirantes ás prazas de podio a menos dun ano dos Xogos Olímpicos.
As vencedoras nesta ocasión foron as italianas Giulia Conti e Francesca Clapcich.
A cruz do final de competición foi para os irmáns Carlos e Antón Paz. Tras empezar o campionato no podio foron de máis a menos e non chegaron a entrar na Medal Race.
Os vilagarciáns foron finalmente décimo terceiros e perden opcións na carreira olímpica, tendo en conta que foron superados por outras dúas tripulacións españolas, a de Federico e Arturo Alonso (terceiros) e a composta por Iago López e Diego Botín (novenos).
Relacionadas:
-
Carlos e Antón Paz apuran en Florida as súas opcións de clasificación olímpica
Por Redacción |
-
Segundo posto final para Támara Echegoyen e Berta Betanzos na Copa de Brasil
Por Redacción |
-
Echegoyen e Betanzos suman máis horas de regata en Río e sitúanse líderes na Copa de Brasil
Por Redacción |
-
Mala xornada para Echegoyen e os irmáns Paz no Mundial de 49er
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen pasa o corte no podio e os irmáns Paz seguen cuartos
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen e os irmáns Paz seguen loitando polo podio tras a segunda xornada do Mundial
Por Redacción |
-
Bo arranque dos irmáns Paz e Támara Echegoyen no Mundial de 49er
Por Redacción |