Bo arranque dos irmáns Paz e Támara Echegoyen no Mundial de 49er
Por Redacción
Os regatistas pontevedreses comezaron con bo pé a súa participación no Campionato do Mundo de Vela da clase 49er, que se disputa desde o luns na localidade arxentina de San Isidro.
Antón e Carlos Paz asinaron tres segundos postos nas tres mangas disputadas, situándose no coliderado da clasificación xunto aos croatas Pavle Kostov e Petar Cupac, que gañaron dúas regatas e foron cuartos na terceira.
Ambas as tripulacións abriron unha brecha de nove puntos sobre os terceiros clasificados, os polacos Lucasz Przbytek e Pawel Kolodzinski.
Pola súa banda na categoría feminina, o 49er FX, Támara Echegoyen e a súa compañeira Berta Betanzos son sextas despois de catro mangas de competición.
O dúo galego-cántabro está a cinco puntos do podio provisional despois de gañar a primeira regata, ser quintas na seguinte, sétimas na terceira e décimas na cuarta, resultado que se converteu no seu descarte.
As danesas Ida Marie Baad Nielsen e Marie Thusgaard Olsen lideran a clasificación, seguidas das francesas Sarah Steyaert e Aude Compan e as italianas Giulia Conti e Francesca Clapcich.
Relacionadas:
-
Sexto posto final para Támara Echegoyen e Berta Betanzos no Mundial de Arxentina
Por Redacción |
-
Mala xornada para Echegoyen e os irmáns Paz no Mundial de 49er
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen pasa o corte no podio e os irmáns Paz seguen cuartos
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen e os irmáns Paz seguen loitando polo podio tras a segunda xornada do Mundial
Por Redacción |
-
Echegoyen e Betanzos non logran entrar na Medal Race en Río e despídense do Test Olímpico
Por Redacción |