Támara Echegoyen pasa o corte no podio e os irmáns Paz seguen cuartos
Por Redacción
Grande xornada para Támara Echegoyen e Berta Betanzos no último día das roldas clasificatorias do Campionato do Mundo de 49er.
Echegoyen e Betanzos ascenderon ata a terceira posición da xeral para pasar o corte en postos de podio. Desta forma encaran no Grupo Ouro as roldas finais mantien intactas as súas opcións de chegar á Medal Race con aspiración de medalla.
Na terceira xornada en augas arxentinas, o dúo galego-cántabro asinou un quinto, un terceiro e un cuarto posto nas tres mangas disputadas.
Peor foi a xornada para os irmáns Carlos e Antón Paz, que a pesar diso manteñen a súa cuarta posición na xeral e tamén competirán no Grupo Ouro nos próximos días.
A tripulación vilagarciá empezou a xornada cun segundo posto, pero despois foi décimo quinto e décimo noveno nas outras dúas mangas.
Relacionadas:
-
Echegoyen e Betanzos suman máis horas de regata en Río e sitúanse líderes na Copa de Brasil
Por Redacción |
-
Sexto posto final para Támara Echegoyen e Berta Betanzos no Mundial de Arxentina
Por Redacción |
-
Mala xornada para Echegoyen e os irmáns Paz no Mundial de 49er
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen e os irmáns Paz seguen loitando polo podio tras a segunda xornada do Mundial
Por Redacción |
-
Bo arranque dos irmáns Paz e Támara Echegoyen no Mundial de 49er
Por Redacción |