Pablo Moreno sobe postos no ránking mundial de sabre tras o seu bo papel no Grand Prix USA
Por Redacción
Un paso máis preto dos Xogos Olímpicos está o pontevedrés Pablo Moreno tras o seu bo papel no Grand Prix USA de esgrima, na categoría de sabre, celebrado na Universidade de Harvard, Massachusetts.
Aínda que resta aínda moito camiño por andar, Pablo conseguiu dar un importante salto no ránking mundial ao situarse no posto 85, subindo desde o 130.
Todo polo seu vixésimo posto en Harvard logrado antes os mellores tiradores do planeta que, como el, buscan a súa clasificación para Río 2016.
En Estados Unidos participaron 160 deportistas, logrando o tirador pontevedrés pasar a fase de grupos na trixésima posición con cinco vitorias e unha derrota.
No primeiro dos cruces, entre os 64 mellores do campionato, Pablo Moreno superou ao italiano Ricardo Nuccio (15-12), pero na rolda dos 32 mellores cedeu ante o número tres mundial, o coreano Bongil Gu, por 15 a 12 tras ir boa parte do enfrontamento por diante.
O obxectivo agora pasa por manter a progresión nas próximas citas internacionais, sendo a primeira delas en Padua (Italia) entre o 29 e 31 de xaneiro. Antes o pontevedrés competirá en casa a próxima fin de semana no V Trofeo Nadal Rede Axuda que se celebrará no colexio Los Sauces.
Relacionadas:
-
Notables resultados da Escola Hungaresa no Trofeo Internacional Sant Jordi
Por Redacción |
-
Satisfacción na Escola Hungaresa polos últimos resultados de Álex Laso e Natalia Fernández
Por Redacción |
-
Cos Xogos Olímpicos entre cella e cella
Por Diego Espiño |
-
Prometedora estrea de tempada para o equipo de sabre da Escola Hungaresa
Por Redacción |
-
Primeiros puntos da tempada para Pablo Moreno na Copa do Mundo de Sabre
Por Redacción |
-
Pablo Moreno suma puntos no ranking para Río tras un bo Mundial de esgrima
Por Redacción |