Fin de semana de baloncesto co XXII Torneo Cidade de Pontevedra do Arxil
Por Redacción
Os pavillóns Municipal, Universitario e do Centro Galego de Tecnificación Deportiva serán escenario durante a fin de semana, os días 2 e 3 de xaneiro, do XXII Torneo Cidade de Pontevedra de baloncesto organizado polo Arxil.
Á competición senior, cun dobre partido entre o equipo de Liga Feminina 2 do Arxil e o Vagos portugués, súmase un torneo de base no que participan cinco clubs: o propio Arxil, San Joenense, Vagos, Carmelitas e Peixegalego.
As categorías de base do torneo serán a infantil, cadete e junior, cun calendario que se pode consultar na web www.arxil.es.
En canto á competición senior, os partidos xogaranse o sábado 2 ás 19:30 horas no Pavillón Municipal e o domingo 3 de xaneiro ás 12:00 horas no CGTD.