Décimo posto para Saleta Castro no Ironman 70.3 de Monterrey
Por Redacción
Saleta Castro conseguiu finalizar no Top-10 do Ironman 70.3 de Monterrey, México, que contaba cun grande nivel de participación.
A triatleta pontevedresa completou os 1,9 quilómetros de natación, 90 de ciclismo e 21 de carreira a pé do percorrido en 4 horas, 29 minutos e 42 segundos nunha proba na que se mantivo desde o inicio coas mellores.
No sector de natación Saleta saíu da auga entre as dez primeiras cun tempo de 26:39, perdendo unha posición tras os 90 quilómetros en bicicleta, que completou en 2:31:46.
No sector final, o medio maratón, a pontevedresa foi capaz de manter un bo ritmo e recuperar a posición perdida tras 1:27:52 de carreira.
A gañadora do Ironman 70.3 de Monterrey foi a canadense Heather Wurtele (4:08:19), seguida pola danesa Camila Pedersen (4:12:05) e a australiana Mirinda Carfrae (4:15:11).
Co seu décimo posto Saleta Castro suma 110 puntos no ránking de clasificación para o Mundial Ironman de Kona, Hawaii, o seu principal obxectivo da tempada.
Relacionadas:
-
Última bala de Saleta Castro para chegar ao Campionato do Mundo Ironman en Hawaii
Por Diego Espiño |
-
Saleta Castro recobra a moral cun fantástico sexto posto no Ironman de Frankfurt
Por Diego Espiño |
-
A semana máis dura de Saleta Castro
Por Diego Espiño |
-
Texas, cita clave para Saleta Castro
Por Diego Espiño |
-
Monterrey, primeira parada do ano para Saleta Castro
Por Redacción |
-
Saleta Castro recorre ao 'crowdfunding' no seu camiño a Hawaii
Por Redacción |
-
Brillante quinto posto de Saleta Castro no Ironman de Malaisia
Por Diego Espiño |