Brillante quinto posto de Saleta Castro no Ironman de Malaisia
Por Diego Espiño
Sobresaliente actuación de Saleta Castro no Ironman de Malaisia, disputado este sábado.
A triatleta pontevedresa finalizou nunha máis que meritoria quinta posición despois de completar os 3,8 quilómetros de natación, 180 de ciclismo e o maratón final en 10 horas e 23 segundos.
Saleta venceu á calor e a humidade que endureceu a carreira, permanecendo sempre no grupo cabecero.
Conseguiu saír na segunda posición do sector de natación, manténdose en posto de podio ata máis aló do quilómetro 100 da bicicleta.
Ao final a pontevedresa completou o ciclismo quinta, pechando un grupo de tres coa alemá Diana Riesler destacada na cabeza.
Xa no maratón Saleta conseguiu auguantar de maneira titánica a súa posición, que lle outorga importantes puntos na súa carreira clasificatoria cara ao Campionato do Mundo de Hawaii.
A gañadora final foi Riesler (9:37:06), seguida da española Gurutze Frades (9:49:09) e a suiza Natascha Badmann (9:54:07). Cuarta foi a australiana Sarah Crowley (9:58:26).
A de Malaisia era a segunda proba puntuable para o Mundial de Kona na que participou Saleta Castro, tras ser terceira no Ironman 70.3 de Lanzarote.
Relacionadas:
-
A semana máis dura de Saleta Castro
Por Diego Espiño |
-
Texas, cita clave para Saleta Castro
Por Diego Espiño |
-
Décimo posto para Saleta Castro no Ironman 70.3 de Monterrey
Por Redacción |
-
Monterrey, primeira parada do ano para Saleta Castro
Por Redacción |
-
Saleta Castro recorre ao 'crowdfunding' no seu camiño a Hawaii
Por Redacción |
-
Negociación aberta con Ironman para organizar na cidade un 70.3
Por Diego Espiño |
-
O Ironman de Malaysia, último gran reto do ano para Saleta Castro
Por Diego Espiño |
-
Novo éxito de Saleta Castro na media distancia: terceira no Ironman 70.3 de Lanzarote
Por Redacción |