Bronce europeo para Támara Echegoyen
Por Redacción
Só dous meses despois de proclamarse campioas do Mundo, Támara Echegoyen e Berta Betanzos conseguiron unha nova medalla internacional que lles enche de moral para os Xogos Olímpicos.
A regatista pontevedresa e a súa compañeira no 49er FX finalizaron na terceira posición tras a Medal Race do Campionato de Europa celebrado en augas de Barcelona.
Támara e Berta afrontaron a regata definitiva este sábado tras caer ata a quinta praza, pero un terceiro posto na Medal Race fixo que empatasen a puntos coas arxentinas Trasvacio e Branz, facéndose co bronce pola súa mellor clasificación na última e definitiva manga.
"Foi un día bastante longo, con tres regatas e logo a Medal Race. Estamos moi satisfeitas co resultado final, sobre todo tras facer unha gran Medal que nos axudou a subir de novo ao podio definitivo da regata", declarou Támara Echegoyen tras a entrega de premios.
A pontevedresa recoñeceu ademais que "o que buscamos é sumar horas e experiencia para chegar aos Xogos o máis preparadas posible".
As vencedoras finais foron as danesas Jena Mai Hansen e Katja Salskov.
Relacionadas:
-
Támara Echegoyen pon rumbo a Río: "Tengo las mismas sensaciones que antes de Londres"
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Último test para Támara Echegoyen e Berta Betanzos antes de Río 2016
Por Redacción |
-
Echegoyen e Betanzos asaltan o liderado do Campionato de Europa
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen, a dous puntos do podio no Campionato de Europa
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen consegue o ouro mundial en Florida
Por Redacción |