Paso de xigante do Marcón cara a permanencia gañando en Monterrey (1-3)
Por Redacción
Tres puntos de ouro conseguiu o Marcón na súa visita ao campo do pechacancelas da competición, o Monterrey (1-3), que lle achegan ao obxectivo da permanencia.
Cando só resta unha xornada, os pontevedreses contan con dous puntos de vantaxe sobre a zona de descenso, polo que sería suficiente un empate no último partido ante un rival directo como o Alertanavia no Carrasco.
Aínda falta rematar a faena, pero o triunfo en Ourense era vital para os de Carlés. O Marcón saíu concentrado e convencido do que debía facer. Froito do dominio inicial Aarón poñía o 0-1 aos 17 minutos e Berto encarrilaba o choque á media hora.
Antes do descanso os locais recortarían distancias desde o punto de penalti, pero o golpe non descompuxo a un Marcón que sentenciou mediado o segundo tempo cun gol de Baptiste.
Consulta aquí o acta do partido.
Relacionadas:
-
Adeus á Preferente: o Marcón cae ante o Alertanavia (0-1) e consuma o seu descenso
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
O Céltiga roza cos dedos o ascenso e Portonovo e Sanxenxo selan a permanencia
Por Redacción |
-
O Marcón cae na casa (0-1) contra o Arenteiro e complícase aínda máis a permanencia
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |