Preto de 200 atletas disputarán este mércores o XLIII Trofeo Boa Vila de atletismo
Por Redacción
O Trofeo Boa Vila de atletismo, unha das citas máis veteranas do calendario atlético galego, chega este mércores á súa edición número 43. E farao con máis de 170 atletas inscritos no torneo que se disputará a partir das 19.30 horas, no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD).
Nas 17 probas que se celebrarán no marco deste trofeo, ademais da numerosa presenza de atletas da Sociedad Gimnástica, Pontevedra contará con algunha figura do atletismo galego e nacional.
Así, Jean Marie Okutu do FC Barcelona buscará eses 8 metros que lle metan na olimpíada (19:30h).
Ademais, estarán Sergio Rodríguez do Coruña Comarca que acredita este ano unha marca de 21 segundos nos 200 metros (21:05h), Jorge Puig da Gimnástica, con 8 minutos e 25 segundos nos 3.000 metros (21:45h) e Leticia Fernández do ADAS O Barco, nos 800 metros femininos (20:55h).
O trofeo entregará premios á mellor marca masculina e feminina da competición.