Jean Marie Okutu e Leticia Fernández, mellores marcas no Trofeo Boa Vila de atletismo
Por Redacción & Mónica Patxot
A choiva e o frío impediron que se puidesen ver grandes marcas na 43 edición do Trofeo Boa Vila de atletismo, organizado pola Sociedad Gimnástica de Pontevedra nas instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD).
Foi Jean Marie Okutu quen acaparou a maior atención na proba de salto de lonxitude. Tentaba conseguir a mínima para os Xogos Olímpicos, pero o atleta do FC Barcelona quedou en 7,66, un rexistro aínda insuficiente pero que lle valeu para levar o trofeo á mellor marca da competición.
Acompañoulle no podio no apartado feminino, Leticia Fernández do ADAS que gañou os 800 metros cun tempo de 2.13.53.
Pero foron os atletas da Gimnástica os que lograron máis vitorias parciais, un total de oito. Entre elas, María Jiménez que se impuxo na proba de lanzamento de xavelina con 30.81 e logrou a marca para poder acudir aos campionatos de España.
Antón Paz gañou nos 100 metros para cadetes con 12.80 e Cristina Garrido na distancia feminina con 13.46, Darío Costas no dobre hectómetro con 22.48, Yago Boleas no lanzamento de martelo cadete con 21,47 metros, David Ferrer no salto con pértega con 4,20 metros e Emma Lorenzo na proba feminina con 2,75 metros, Blanca Armenteros nos 600 metros cadete con 1.43.91 e Loreto Brea no lanzamento de martelo con 39,84 metros.
O resto de gañadores foron Carlos Porto do Celta nos 800 metros con 1.55.48, David Fernández do Marineda con 1.31.83 nos 600 metros cadete, Fernando Alarza do Talavera con 8.15.88 nos 3.000 metros, Andrea González, do Atletismo Santiago nos 100 metros valas con 15.81; Ana Pajarron do Riazor Coruña nos 200 metros con 27.28; Elvira Okutu do Feminino Celta con 5,34 metros no salto de lonxitude e Patricia Correa tamén do Feminino Celta con 38,09 metros no lanzamento de martelo Sub18.
Os resultados completos pódense consultar na páxina web da Federación Galega de Atletismo.
A próxima competición que organizará a Sociedad Gimnástica será o próximo 6 de xullo co Memorial Celso Mariño.
Relacionadas:
-
Xornada de boas marcas no Memorial Celso Mariño
Por Mónica Patxot |
-
Okutu, fóra da final de lonxitude no Europeo de Amsterdam
Por Redacción |
-
Darío Costas consegue unha medalla de prata no Nacional Junior de atletismo
Por Redacción |
-
Okutu, convocado para o Europeo na que será a súa última oportunidade de clasificación olímpica
Por Diego Espiño |
-
Os atletas da Gimnástica acoden o Nacional Promesa coas medallas en mente
Por Redacción |
-
Preto de 200 atletas disputarán este mércores o XLIII Trofeo Boa Vila de atletismo
Por Redacción |
-
Jean Marie Okutu consegue no Iberoamericano a mellor marca nacional do ano en lonxitude
Por Redacción |
-
Jean Marie Okutu e a Sociedad Gimnástica, premiados na Gala do Atletismo Galego
Por Redacción |