Tres medallas para a Gimnástica na primeira xornada dos Nacionais desta fin de semana
Por Redacción
Unha fin de semana intensa teñen por diante os atletas da Sociedad Gimnástica. Moitos deles están a participar nos tres campionatos de España que se están celebrando estes días. E por agora, cun balance moi positivo. Tres deles colgaron xa unha medalla.
En Toledo, estase disputar o campionato nacional da categoría promesa, onde Manuel Castellanos conseguiu unha brillante medalla de bronce no lanzamento de xavelina, cunha marca persoal de 64,87 metros.
No resto de actuacións destaca o pase á final de Alberto Guerrero na distancia de 800 metros, impoñéndose na súa carreira eliminatoria e con serias posibilidades de subir ao podio na final. Tamén en terras castelás Gonzalo Sánchez-Camacho estivo a un pelo de conseguir medalla nos 100 metros lisos. Cunha marca persoal de 10.62, foi cuarto.
Concluíron a primeira xornada Ricardo Gaya e Roberto Tello. Ricardo non tivo o seu día e cun salto de 13,63 acabou o duodécimo da proba de triplo salto, mentres que Tello aínda que mellorou a súa marca persoal nas semifinais dos 400 metros valas, con 53.84, tivo que conformarse co noveno posto global da eliminatoria e quedou sen progresar á final.
En Mataró, pola súa banda, está a celebrarse o campionato de España xuvenil. Nel, Claudia Puig sumou unha medalla bronce no lanzamento de xavelina, grazas a un tiro que alcanzou os 40,63 metros. Participou ademais no lanzamento de disco, unha proba que non prepara tan intensamente como a xavelina e onde finalizou décima con 30,78 metros.
Tamén se viu a Lucía Ferrer correr as primeiras roldas dos 100 metros valas, conseguindo clasificarse para as semifinais, das que terá máis complicado chegar á final. Finalizou a actuación da Sociedad Gimnástica, por este primeiro día, Fernando Rial que non puido clasificarse para a final dos 1.500 metros.
E en Elxe, os veteranos tamén celebraron o seu campionato de España. Nel, David Domínguez colgou a prata na proba de 400 metros valas da categoría de maiores de 35 anos, cun rexistro de 57.82.
Relacionadas:
-
Xornada de boas marcas no Memorial Celso Mariño
Por Mónica Patxot |
-
Darío Costas consegue unha medalla de prata no Nacional Junior de atletismo
Por Redacción |
-
Alberto Guerrero pon a guinda á boa fin de semana da Gimnástica
Por Redacción |
-
Os atletas da Gimnástica acoden o Nacional Promesa coas medallas en mente
Por Redacción |