Equipos cataláns, leoneses, asturianos e vascos, rivais do Arxil na Liga Feminina 2
Por Redacción
O Club Baloncesto Arxil xa coñece a que rivais enfrontarase no novo curso da Liga Feminina 2.
A Comisión Delegada da Federación Española de Baloncesto decidiu a repartición dos dous grupos da categoría, establecendo que as verdes, de novo no Grupo A, compartirán competición cos equipos asturianos, castelán-leoneses, vascos e cataláns.
Será a primeira vez que o Arxil deba viaxar a Cataluña, pero pola contra afórrase os custosos desprazamentos a Canarias da pasada tempada.
Desta forma os rivais do club verde serán os galegos Cortegada, Ensino e Celta; os asturianos ADBA Avilés e Uni Oviedo; o Ponce de Valladolid e Aros de León de Castela-León; Ibaizábal e Azkoitia do País Vasco; e Joventut Les Corts, Santa Rosa, Sant Adriá e Siglo XXI cataláns.
Será un grupo "a nivel deportivo moi competitivo", sinalou Lino Vázquez. Desvelada esta incógnita, o club céntrase agora en carrar a composición do plantel coas renovacións que aínda están pendentes e a necesaria fichaxe dunha pívot que "esperamos anunciar esta semana", revelou o directivo arxilista.
Relacionadas:
-
Mayte Méndez e Milagros Sanmartín, historia viva da Liga Feminina 2
Por Redacción |
-
Cristina Díaz-Pache seguirá un ano máis no Arxil
Por Redacción |
-
Derbi galego entre Arxil e Ensino para abrir a tempada na Liga Feminina 2
Por Redacción |
-
Yanique Gordon non seguirá no Arxil
Por Redacción |
-
Arxil e Peixe Galego cumpren o trámite e inscríbense en LF2 e LEB Ouro
Por Redacción |
-
O Arxil asegura a columna vertebral do equipo coa renovación de María Centeno
Por Redacción |
-
O Arxil ficha á base venezolana Waleska Pérez
Por Diego Espiño |