Palma del Río, reto aínda máis difícil para o Cisne
Por Diego Espiño
O Cisne chega ao final dunha complicada semana coa visita a "una de las canchas más complicadas de la liga", a do Palma del Río (sábado, 18:00 horas).
O cadro cordobés é un dos tres únicos equipos que conta os seus partidos por vitorias, pero iso non amedrenta aos pontevedreses, que viaxan "con la intención de traernos algo de allí", sinala Jabato.
Para o técnico cineísta a clave para aspirar a puntuar será "ver si no cometemos los errores de los últimos partidos y sobre todo mejorar en defensa".
Carlos Pombo pérdese o partido por unha leve escordadura de nocello e "para no forzar", sendo desta forma o único descarte na convocatoria dun equipo que puxo rumbo a Andalucía este venres ao mediodía.
O partido en Palma del Río será arbitrado polos colexiados andaluces Mendoza Roldán e Visciarelli Lareo.