Gañan Xuventú Sanxenxo e USD O Grove mentres o Portonovo sae goleado de Ourense
Por Redacción
Cuarta vitoria consecutiva dun Ourense decidido a reengancharse aos postos altos, á conta dun Portonovo ao que mete en serios problemas, deixándoo ao bordo da zona de descenso.
O resultado final de 4-1 reflicte a superioridade ourensá, nun partido no que os arlequinados protestaron moito a actuación arbitral, que terminou expulsando a Ameixeiro e ao adestrador Borja Burgos.
Os locais adiantáronse aos 25 minutos por medio de Víctor Gallego. Wadir conseguía o segundo ao pouco de comezar a segunda parte. O Portonovo metíase no partido cun gol de Ameixeiro, ata que chegaba a xogada que marcou o partido, un penalti que custou a expulsión do propio Ameixeiro e que transformou Andrew.
Wadir pecharía a conta na recta final cando o Portonovo xa se quedou sen opcións.
Consulta aquí o acta do partido Ourense-Portonovo.
Triunfo de mérito do USD O Grove, que foi capaz de frear ao Pontellas no seu campo, tras catro vitorias consecutivas do conxunto porriñés. Os mecos escapan desta forma da zona quente.
Dieguito abría o marcador aos 60 minutos e Saúl sentenciaba aos 78 un partido moi disputado.
Consulta aquí o acta do partido Pontellas-USD O Grove.
Aproveitou o Xuventú Sanxenxo a visita do pechacancelas Verín para conseguir unha cómoda vitoria con protagonismo de Javi Nogueira, autor de tres dos catro goles do equipo amarelo.
Os ourensáns aproveitaron o despiste local para adiantarse no marcador por medio de Enio Magro, aos 12 minutos, pero Javi Nogueira, de penalti, empataría xusto antes do descanso.
Na segunda parte o segundo gol de Firi rompería ao Verín, máxime cando tres minutos máis tarde Javi Nogueira conseguía o terceiro. O mesmo Javi Nogueira marcaba o cuarto no minuto 77, maquillando a goleada Ginzo a nove minutos do final.
Relacionadas:
-
Duro correctivo ao Portonovo en Areas, derrota do USD O Grove e triunfo do Xuventú Sanxenxo sobre o pechacancelas
Por Redacción |
-
Xornada negra para Portonovo, USD O Grove e Xuventú Sanxenxo
Por Redacción |
-
Toman aire Portonovo e Xuventú Sanxenxo mentres se complica USD O Grove
Por Redacción |
-
Respira o Unión Grove cun claro triunfo, o Sanxenxo salva un punto e o Portonovo volve caer
Por Redacción |
-
Unión Grove, Sanxenxo e Portonovo afúndense na clasificación de Preferente
Por Redacción |