Duro correctivo ao Portonovo en Areas, derrota do USD O Grove e triunfo do Xuventú Sanxenxo sobre o pechacancelas
Por Redacción
Acéndense as alarmas no Portonovo, que cae a zona de descenso tras saír goleado con dureza da Lomba, onde o Cultural Areas impúxose con claridade, non dando a máis mínima opción ao equipo de Borja Burgos.
O angoleño Leandro foi o gran protagonista da tarde, ao conseguir catro dos cinco goles locais. O primeiro ao pouco de comezar o partido (minuto 3). Nuno Paulo faría subir o 2-0 ao marcador cando aínda non se cumprira un cuarto de hora de partido.
Cunha laxa tan pesada, o Portonovo foi incapaz de reaccionar, aínda que aguantou o ballón como puido, tirando a toalla cando Leandro marcaba o terceiro aos 10 minutos do segundo tempo.
A goleada local consumábase na recta final, con dous novos goles de Leandro, un a falta de dez minutos para o final, e o outro no último minuto de xogo.
Consulta aquí o acta do Cultural Areas-Portonovo.
Outro que se mete en problemas é o USD O Grove, derrotado en Mondariz por un rival directo pola permanencia, o que coloca aos "mecos" cos mesmos puntos que a zona de descenso.
O partido resolveuse na recta final, despois de que o Mondariz adiantásese no marcador no primeiro tempo (minuto 17) grazas a un gol de Migui. Os visitantes conseguían empatar aos 67 minutos, por medio de Vixo, pero en apenas catro minutos o Mondariz resolvía o partido con dous goles de Víctor e Zurdo.
Consulta aquí o acta do Mondariz-USD O Grove.
Non deixou pasar o Xuventú Sanxenxo a oportunidade que lle brindaba a visita do pechacancelas Caselas para sumar tres puntos que lle sitúan na zona cómoda da táboa, aínda que para iso tivo que remontar o tanto inicial dos do Condado que durante bastantes minutos soñaron con dar a sorpresa.
Diego Couso sorprendía á parroquia local aos 16 minutos de xogo, permitindo aos seus retirarse ao descanso con vantaxe, pero na segunda parte dous goles de Curri culminaban a remontada, facendo que os puntos quedasen en Baltar de Arriba.
Consulta aquí o acta do Xuventú Sanxenxo-Caselas.
Relacionadas:
-
Xuventú Sanxenxo imponse no derbi local ao Portonovo e USD O Grove cae no Carballiño
Por Redacción |
-
O Unión Grove leva o duelo comarcal ante o Sanxenxo e o Portonovo vence ao Mondariz
Por Redacción |
-
Xornada negra para Portonovo, USD O Grove e Xuventú Sanxenxo
Por Redacción |
-
Gañan Xuventú Sanxenxo e USD O Grove mentres o Portonovo sae goleado de Ourense
Por Redacción |
-
Toman aire Portonovo e Xuventú Sanxenxo mentres se complica USD O Grove
Por Redacción |