O Unión Grove leva o duelo comarcal ante o Sanxenxo e o Portonovo vence ao Mondariz
Por Redacción
Balón de osíxeno para o Unión Grove ao vencer nun duelo moi igualado a un rival directo na clasificación de Preferente, o Xuventú Sanxenxo (1-0).
O partido no Monte da Vila decidiuse por pequenos detalles entre dous equipos necesitados de puntos, aínda que ao final levou o triunfo o que chegaba nunha situación máis comprometida.
Despois dunha primeira metade sen novidades no marcador, e cando o partido encamiñábase xa ao seu tramo final, Diego Lorenzo conseguiu bater a Vladi no minuto 79 conseguindo o gol que ao final sería definitivo.
Aínda que os visitantes tentaron reaccionar, o cadro meco soubo defenderse para quedar cos tres puntos en xogo, que lle fan subir ata a décimo tercera plaza con 18 puntos, tres menos que o Sanxenxo, undécimo.
Consulta o acta do Unión Grove-Xuventú Sanxenxo.
Tamén respira na táboa o Portonovo despois do seu traballado triunfo na casa ante o Mondariz (2-0).
Os arlequinados tiveron que esperar á segunda metade para ver porta. Fixérono por medio de Pablo Silva no minuto 50. Despois, cando o Mondariz apertaba en busca da igualada, chegaría a sentenza no 79 cun gol de Buba.
Os de Borja Burgos tamén se colocan con 18 puntos, no posto décimo cuarto da Preferente.