O Arxil cae en León tras aguantar ao líder ata o último cuarto (71-53)
Por Redacción
A ausencia por lesión dunha das xogadoras máis determinantes do plantel, Waleska Pérez, fixo dano a un Arxil que se empregou a fondo para plantar cara ao líder imbatido da Liga Feminina 2, o Aros León (71-53).
Aínda que a remolque no marcador conseguiuno ata o último cuarto, cando as leonesas desatáronse en ataque para sentenciar o choque.
Antes o partido comezara con moita igualdade. O Arxil defendía con intensidade, pero custáballe anotar ante a vixilancia local sobre Minata Keita (12-12).
Non foi ata o segundo cuarto cando o Aros logrou as súas primeiras rendas importantes, que chegaron aos 10 puntos a base de triplos de Patricia Benet e Andrea Alcántara.
Reaccionaron as pontevedresas, pero no terceiro período e cando mellor estaban a facelo, sobre a bucina, Tania González cravou unha tripla (50-43) que volvía abrir distancia e fixo moito dano ás verdes, que acusaron o golpe e no último parcial non lograron seguir o ritmo das locais.
Segunda derrota consecutiva dun Arxil que cae ata a zona media da clasificación.
Relacionadas:
-
Minata Keita e María Lago lideran o triunfo do Arxil en Azkoitia (55-71)
Por Redacción |
-
O Arxil afúndese no último cuarto e encaixa unha nova derrota en Vilagarcía (67-55)
Por Redacción |
-
Preocupación no Arxil polo estado de Waleska Pérez
Por Redacción |
-
O Arxil, elixido como representación dos clubs de Liga Feminina 2
Por Redacción |
-
Reto de altura para un Arxil pendente do estado físico de varias xogadoras
Por Redacción |
-
Duro correctivo do GDKO Ibaizabal a un Arxil irrecoñecible (45-66)
Por Redacción |