Preocupación no Arxil polo estado de Waleska Pérez
Por Redacción
Despois de dúas derrotas consecutivas, quere o Arxil recuperar a súa mellor versión este sábado (19:30 horas) no CGTD ante o Segle XXI, pero iso pasa por deixar atrás dunha vez por todas os seus problemas coas lesións.
No club pontevedrés segue preocupando o estado de Waleska Pérez, unha das xogadoras chamadas a marcar a diferenza no equipo e que de feito o estaba facendo ata o golpe nas costas que sufriu a principios de novembro ata o Celta.
Desde entón a base venezolana non se recuperou, perdendo o choque da pasada semana en León. A súa ausencia coincide ademais cunha baixada de rendemento no equipo, que protagonizara un notable arranque de competición.
"Sigue mejorando pero hasta que el médico le dé el alta no se podrá contar con ella", aseguran desde a entidade verde, sen descartala para o choque do sábado, aínda que concientes de que no caso de chegar á cita non o fará aínda ao 100% das súas posibilidades.
No aspecto positvo, o resto de xogadoras que padeceron problemas físicos nas últimas semanas xa están a contar con protagonismo na rotación do equipo, caso de Ana Román, Carla Fernández ou Ana Martín.
Relacionadas:
-
Minata Keita e María Lago lideran o triunfo do Arxil en Azkoitia (55-71)
Por Redacción |
-
O Arxil afúndese no último cuarto e encaixa unha nova derrota en Vilagarcía (67-55)
Por Redacción |
-
O Arxil cae en León tras aguantar ao líder ata o último cuarto (71-53)
Por Redacción |
-
O Arxil, elixido como representación dos clubs de Liga Feminina 2
Por Redacción |