Seguirá Luisito sendo o adestrador do Pontevedra Club de Fútbol a próxima tempada? É unha das cuestións que se preguntan con insistencia os afeccionados granates, satisfeitos da marcha do equipo desde que o de Teo se fixo cargo do mesmo, aínda en Terceira División.
Non escapa a esa percepción a presidenta do club, Lupe Murillo, quen ao seu paso polo programa La Trastienda de PontevedraViva Radioapostou pola continuidade do técnico máis aló do final da presente tempada.
"Si Luisito consigue tener un club de fans en el Pontevedra es porque el Pontevedra le quiere, y si el Pontevedra le quiere y Luisito quiere estar aquí porque forma parte de nuestra esencia pues el final seguro que será el que todos esperamos", recoñeceu a dirixente, sinalando ademais que "yo estoy muy contenta con Luisito".
"Conocíamos los movimientos que hubo en los últimos meses, no nos cogió por sorpresa pero es una situación incómoda", explicou a dirixente granate, que cre que "los resultados del club nos avalan", en relación á redución de débeda de "527.000 euros en dos años".
"Estos señores compraron sus acciones el 10 de julio de 2014, curiosamente estos dos años y medio nunca se han acercado, nunca han tenido un proyecto y nunca han venido a hacer nada", criticou Lupe Murillo, que aludiu ao mandato do actual consello, que caduca en 2019 (2020 no seu caso), para dar entrada a novos rostros no órgano de mando, como pretendía o grupo opositor, xa que se non posúen "una mayoría accionarial de 51% este consejo de administración se mantendrá hasta entonces", resolveu nos micrófonos de PontevedraViva Radio.