Intranscendente derrota do Pontevedra en Mieres (2-1) coa mente posta no play-off
Por Diego Espiño
Avisouno Luisito na previa, era un partido para que algúns futbolistas se reivindicasen o que afrontaba este domingo o Pontevedra en Mieres, na última xornada da liga regular. Por ese motivo, e co ánimo de arriscar o menos posible, sacou o técnico de Teo un once titular de circunstancias, con Santi Canedo en portería ou Álex González nunha posición pouco habitual, no lateral zurdo, entre outras variantes.
Con todo a necesidade do Caudal era maior, xa que se xogaba a permanencia e iso notouse nos primeiros compases cun cadro local máis intenso e que saíu covencido a por o gol.
Froito dese ímpeto chegaron tres claras ocasións locais e Santi Canedo, que debutaba na portería pontevedresa en liga, convertíase no salvador do equipo cunha notable actuación. Con todo nada puido facer aos 27 minutos nun bo centro desde a dereita que Javi Sánchez cabeceaba lonxe do seu alcance para adiantar con merecemento ao Caudal.
O gol espertou ao Pontevedra, que se estirou e empezou a pisar campo contrario. Avisou primeiro nun lanzamento de falta e na seguinte acción, na primeira ocasión clara dos granates no partido, Iker Alegre gañou as costas da defensa e enganchou un bo disparo para empatar sorprendendo ao gardameta local lixeiramente adiantado.
Non quedou ahá a melloría dos de Luisito, que só tres minutos despois volvían ver porta nunha acción culminada por Mateu Ferrer pero anulada por un axutado fóra de xogo. Entrou entón o encontro nunha fase de igualdade e sen apenas ocasións ata o descanso, ao que se chegou cun pelogroso lanzamento de falta de Jaime para o Caudal que se foi fóra.
O rival do Pontevedra no play-off será Toledo, Alcoyano ou Real Murcia
Na segunda metade o equipo asturiano saíu de novo cunha marcha máis, e esa intensidade propia do que había en xogo para eles resultou decisiva, Así, aínda que a defensa granate aguantou con solvencia as primeiras arremetidas, logrou premio nun bo lanzamento desde a media lúa da área de Quero, que puxo o 2-1 no electrónico no minuto 59.
Quedaba media hora de xogo, pero esta vez non houbo reacción dos pontevedreses. Os minutos foron pasando sen apenas ocasións de gol para ambos os equipos, aínda que Jacobo tívoa a tres minutos do final tras un rebote que lle deixou en boa posición na área, pero o seu remate foise excesivamente cruzado. Pouco antes Luisito dera a oportunidade de gozar de minutos ao xuvenil Iñaki.
Ao final, festa pola permanencia na afección asturiana e moderada satisfacción granate ao non perder por lesión nin por sanción a ningún futbolista para unha fase de ascenso para a que xa coñece aos seus posibles rivais: Toledo, Alcoyano e o que pode ser o máis temido, o Real Murcia que finalmente foi segundo no Grupo IV.
CAUDAL DEPORTIVO (2): Bussmann, Iván, Colo, Cristian, Saavedra, Óscar Pérez, Jaime, Richard, Annunziata (David, min.90), Javi Sánchez (Roni, min.82), Quero (Pelayo, min.77).
PONTEVEDRA CF (1): Santi Canedo, Adrián, Trigo, Portela, Álex González, Kevin, Mouriño (Bonilla, min.46), Iker Alegre (Miki, min.62), Eneko (Iñaki Martínez, min.76), Jacobo, Mateu.
Árbitro: Rezola Etxeberría, auxiliado nas bandas por Rodríguez Echávarri e Sarasua Aramburu (País Vasco). Amoestou a Quero, Adrián e Colo no Caudal. Expulsou o adestrador local, Iván Ania.
Goles: 1-0 Javi Sánchez (min.27), 1-1 Iker Alegre (min.35), 2-1 Quero (min.59).
Incidencias: Partido disputado no Estadio Hermanos Antuña de Mieres.
Relacionadas:
-
Así é o Real Murcia, un xigante que loita por volver á elite
Por Diego Espiño |
-
Luisito: "Necesitamos o estadio ata a bandeira"
Por Diego Espiño |
-
Coñece o prezo de entradas e suplementos de socios para o partido ante o Murcia
Por Redacción |
-
Real Murcia, primeiro escollo cara a Segunda División
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Mieres, banco de probas do Pontevedra pensando na fase de ascenso
Por Diego Espiño |
-
Capi lesiónase e periga a súa presenza no play-off
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra xa mira cara aos seus posibles rivais no play-off de ascenso
Por Diego Espiño |
-
Billete para o play off. O Pontevedra permítese soñar ao impoñerse a unha "motivada" Arandina (2-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |