Salta na rúa coa Gimnástica de Pontevedra!
Por Redacción
Se tes entre dez e dezaseis anos, a Sociedad Gimnástica de Pontevedra ten un reto para ti. Propóñenche participar nunha sesión de iniciación aos saltos atléticos que, de forma especial, non terá lugar dentro dun estadio de atletismo senón en plena rúa.
É o que ofrecerá a primeira edición da xornada Saltar na Rúa, que se celebrará nas rúas da cidade os días 25 e 26 de agosto.
Trátase dunha iniciativa organizada pola Sociedad Gimnástica e a Federación Galega de Atletismo, que conta co apoio do Concello de Pontevedra.
Os interesados en participar deben estar dispostos a probar a experiencia de practicar salto con pértega, salto de lonxitude e triplo salto en diferentes rúas e prazas da cidade.
Segundo os organizadores, constituiranse grupos de vinte nenos para unha mellor coordinación da actividade e haberá, salvo cambios de última hora, seis grupos diferentes.
Para o desenvolvemento desta actividade contarase cos monitores das escolas de atletismo da Gimnástica e coa supervisión dos técnicos responsables da federación.
Como fin de festa, celebrarase unha exhibición cos mellores especialistas galegos destas disciplinas. Entre eles, destacará a presenza dos campións de España de lonxitude e triplo salto, José Alfonso Palomares e o marinense Jean Marie Okutu.
Relacionadas:
-
Actividades, conferencias e unha cea de gala para celebrar os 90 anos da Gimnástica
Por Diego Espiño |
-
Okutu revalida en Barcelona o seu título de campión de España de salto de lonxitude
Por Redacción |
-
José Luis Vidal: "na miña vida tiven dúas familias, a miña propia e a da Gimnástica"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Martín Brea: "Nestes tempos de PlayStation e fútbol a tutiplén é complicado atraer rapaces para o atletismo"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |