Carmen Gómez Cortés, sen sorte na Copa de Europa de tríatlon de Wuustwezel
Por Redacción
A pontevedresa Carmen Gómez Cortés non puido repetir os excepcionais resultados aos que nos ten acostumados. Aínda recuperándose das molestias que arrastra desde hai tempo, rematou na vixésimo sexta posición na Copa de Europa de tríatlon que se disputou este domingo na localidade belga de Wuustwezel.
Inés Santiago e Camila Alonso, as outras dúas representantes galegas, foron quinta e décimo oitava, respectivamente.
As galegas, que estiveron toda a semana adestrando en Bélxica, chegaban a esta cita en diferentes circunstancias. Tanto Camila como Carmen arrastraban molestias físicas, mentres que Inés estaba nunha moi boa liña como demostrou durante a proba.
Carmen Gómez sufriu moito na proba de natación perdeu 40 segundos que a deixaron no segundo pelotón. As distancias foron a máis durante os 20 quilómetros de ciclismo, de forma que as escapadas tiñan 1:50 de distancia sobre o grupo principal no que ía a pontevedresa.
Con todo, aguantou bastante na carreira a pé a pesar de levar semanas sen adestrar esta especialidade e entrou na meta cun tempo de 01:03.19, a case tres minutos da gañadora.
A Copa de Europa de Tríatlon de Wuustwezel disputouse sobre a distancia sprint: 750 metros de natación, 20 quilómetros de bicicleta e 5 de carreira a pé.
Relacionadas:
-
Carmen Gómez, lonxe dos primeiros postos na Copa de Europa de Gran Canaria
Por Redacción |
-
Carmen Gómez, satisfeita coa súa participación no Europeo sub-23 de tríatlon
Por Alejandro Espiño |
-
Unha Carmen Gómez tocada, a probar sorte no Europeo sub-23 de tríatlon
Por Alejandro Espiño |
-
Carmen Gómez Cortés, prata no campionato de España de acuatlón
Por Redacción |