A Copa Galicia de baloncesto, puro espectáculo na Raña
Por Redacción & Diego Torrado
Emocionante desenlace para a Copa Galicia de baloncesto. Foi o broche de ouro a unha gran fin de semana de deporte en Marín, sede da competición e que vibrou co espectáculo desde as bancadas do pavillón da Raña.
O Obradoiro santiagués fixo valer o seu papel de favorito para levar a súa oitava coroa autonómica, pero tivo que empregarse a fondo para superar a un combativo Breogán de Lugo (75-71).
O conxunto lugués, que vencera en semifinais ao COB Ourense, mostrou as credenciais que lle sitúan como candidato ao ascenso á máxima categoría esixindo ao Obradoiro ata o último segundo.
A primeira metade da final resultou en grao sumo igualada, cun gran nivel defensivo por parte do Breogán, que tras o descanso parecía máis enteiro que o seu rival. Foi así ata os 10 minutos finais, nos que o Obradoiro elevou o seu nivel defensivo e comezou a materializar a remontada.
Con todo o título decidiuse nos dous últimos minutos, aos que se chegou con marcador empatado (69-69). Aí xogou mellor o cadro adestrado por Moncho Fernández, máis preciso nos momentos clave e aproveitando os erros do Breogán como unha perda de balón a falta de 15 segundos que terminou coas súas opcións.
Foi un final de altura para unha fin de semana redonda en Marín, que se completou o sábado cunha 'minicopa' na que se impuxo o club local, o Peixe Galego, vencendo na final ao Obradoiro.
Relacionadas:
-
O Peixe Galego reforza o plantel tras o seu bo inicio na Liga EBA
Por Redacción |
-
Un equipo a contrarreloxo pero de garantías para recuperar na cancha a categoría perdida
Por Redacción |
-
Unha festa do baloncesto galego para goce da afección marinense
Por Redacción |
-
O Peixe Galego tramita a súa inscrición na Liga EBA
Por Diego Espiño |
-
O Consello Superior de Deportes rexeita o recurso do Peixe Galego, que queda fóra da LEB Prata
Por Diego Espiño |