O Club de Remo Rianxo, triunfador da Copa Galicia de Bateis en Marín
Por Redacción
O primeiro ciclo de remo da Semana Abanca tivo como protagonista este sábado ao Club de Remo Rianxo nunha competición celebrada na ría de Pontevedra.
O Paseo Alcalde Antonio Blanco de Marín gozou dun gran ambiente durante a xornada coa celebración da Copa Galicia Ence de Bateis.
O club coruñés demostrou o seu poderío vencendo nas catro categorías masculinas: alevíns, infantís, cadetes e xuvenís. As outras dúas categorías que foron femininas, repartíronas o Clube de Remo Vila de Cangas e Samertolameu de Meira.
Participaron medio cento de embarcacións de toda a comunidade.
O remo volverá ser protagonista a próxima semana en Marín, con regatas de remo ergómetro o venres día 3 de novembro e o prato forte da Copa Ibérica de Remo Olímpico o sábado día 4.
Relacionadas:
-
A Copa Galicia de Bateis regresa a Marín asegurando unha alta participación
Por Redacción |
-
O forte vento obriga a suspender por segunda vez a Copa Ibérica de Remo Olímpico
Por Redacción |
-
Aprazada ata o día 25 a Copa Ibérica de remo olímpico que se ía a celebrar o sábado na ría
Por Redacción |
-
Máis dun milleiro de deportistas converterán a Marín no centro de atención do remo nacional
Por Redacción |
-
Marín mantense como sede da Semana Abanca coa vista posta nunha "regata de remo olímpico internacional"
Por Redacción |