O Teucro repesca a Samu Gómez para reforzar o seu plantel
Por Diego Espiño
O Condes de Albarei Teucro tirou dun vello coñecido para suplir a baixa do italiano Giuseppe Colasuonno, que se desvinculou do club tras sufrir unha grave lesión na súa man.
Trátase do pivote andaluz Samu Gómez, que vivirá así a súa segunda etapa como xogador teucrista tras desvincularse do equipo o pasado, unha vez consumado o ascenso á Liga Asobal.
O feito de que coñeza a maneira de traballar de Quique Domínguez e os seus esquemas de xogo, ademais de que non necesitará adaptación, resultaron factores importantes para pensar na súa incorporación mediada a tempada, nun momento no que o equipo azul afrontará un esixente calendario ata final de ano, especialmente durante o mes de decembro, e necesitará dunha rotación máis profunda que a actual.
"Samu estivo connosco dous anos, coñecémolo, coñécenos e non vai necesitar período de adaptación. Ten moitísimas ganas de volver xogar na Liga Asobal e estou seguro de que nos vai a axudar en ataque", recoñece o técnico pontevedrés.
Samu Gómez milita actualmente no Palma del Río, na División de Honra Prata, e aínda afrontará co club cordobés un encontro de liga máis a próxima fin de semana antes de viaxar a Pontevedra e integrarse definitivamente na disciplina do Teucro.
O pivote asina co club azul ata final de tempada con opción a un ano máis.
Relacionadas:
-
Esperado e importante primeiro derbi da tempada entre Cangas e Teucro
Por Diego Espiño |
-
Johnny Medina, a mellor 'fichaxe' de inverno para o Teucro
Por Diego Espiño |
-
Santana e unha gran defensa elevan ao Teucro ante o Atlético Valladolid (28-22)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
O Teucro invoca á maxia do Municipal para poder superar ao Atlético Valladolid
Por Diego Espiño |
-
Teucro e Benidorm adiantan os seus partidos de Copa do Rei
Por Redacción |
-
As forzas abandonan ao Teucro na Rioxa (37-26)
Por Redacción |
-
O Teucro rescinde o contrato de Giuseppe Colasuonno
Por Diego Espiño |
-
Sufrimento con final feliz para Condes de Albarei Teucro fronte o Benidorm (27-26)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O Condes de Albarei Teucro, cun ollo posto no mercado de fichaxes
Por Diego Espiño | Creada e actualizada