Festivo de balonmán para o Teucro cun partido "muy importante" ante o Ciudad Encantada
Por Diego Espiño
O esixente calendario da Liga Asobal durante o mes de decembro non deixa tempo para pensar demasiado no derbi da fin de semana, xa que o Condes de Albarei Teucro afronta este mércores en horario 'champions' (20:45 horas) un novo e "muy importante" compromiso ligueiro, segundo recoñece Quique Domínguez.
Os azuis reciben no Pavillón Municipal dos Deportes a un Ciudad Encantada que está a ser unha das revelacións do campionato, quinto na táboa con 15 puntos, e que quere apurar as súas opcións de entrar na Copa Asobal.
Pola súa banda os azuis queren un triunfo que lles permita afrontar o final da primeira volta sen abafos e desde a zona cómoda da táboa, e que quite presión ao inminente desprazamento á cancha dun rival directo como o Bidasoa, o vindeiro sábado.
Pero iso será outro cantar e primeiro ante o cadro conquense "no queremos que se nos escapen los puntos", explica o técnico, que apela ao poderío que están a demostrar no Municipal. Tamén o plantel, tal e como recoñeceu na rolda de prensa previa ao choque Lloria e para quen "si estamos bien podemos pelear cualquier partido".
As estatísticas falan de que o Ciudad Encantada só gañou polo momento un encontro a domicilio, ante o Logroño, pero iso non quita que se trate dun equipo "en buena forma y muy ambicioso", avisa Domínguez antes de pedir o apoio da afección.
O preparador pontevedrés afronta a cita coas únicas baixas por lesión de Óscar Silva e de Johnny Medina, que segue á espera de recibir a alta médica.
O encontro será arbitrado polos valencianos Fernández Pérez e Iniesta Castillo.
RECOLLIDA SOLIDARIA DE ALIMENTOS
A cita deste mércores no Municipal servirá ademais para colaborar co Banco de Alimentos, polo que se recollerán na entrada das instalacións alimentos non perecedoiros que serán doados a esta entidade social. Ademais, por cada quilo de comida o Teucro obsequiará aos afeccionados cunha rifa para o habitual sorteo que realiza no tempo de descanso.
Relacionadas:
-
Non pode Condes de Albarei Teucro cun Bidasoa en alza (32-26)
Por Redacción |
-
Punto que vale ouro para o Teucro nun emocionante partido ante o Ciudad Encantada (21-21)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Cangas e Condes de Albarei Teucro converten o empate nun clásico dos derbis (26-26)
Por Ramiro Espiño |
-
Johnny Medina, a mellor 'fichaxe' de inverno para o Teucro
Por Diego Espiño |
-
Santana e unha gran defensa elevan ao Teucro ante o Atlético Valladolid (28-22)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |