Non pode Condes de Albarei Teucro cun Bidasoa en alza (32-26)
Por Redacción
Non puido o Condes de Albarei Teucro co bo momento de xogo que atravesa Bidasoa, que chegaba ao partido tras gañar ao terceiro clasificado e perder por só un gol ante o segundo. Os irundarras impuxéronse nun partido no que levaron a iniciativa desde o comezo, pero que só puideron resolver nos últimos minutos.
Cos ataques impoñéndose ás defensas, o primeiro tempo desenvolveuse cun movemento constante do marcador. O Bidasoa saíu benificiado dese intercambio de golpes, especialmente pola nula achega de Lloria e Santana en portería, ata o punto de que nos primeiros 16 lanzamentos dos vascos, o primeiro non puido neutralizar ningún e cando foi substituído, o meta canario achegou unicamente unha parada (catro en total en todo o primeiro tempo), o que motivou unha primeira escapada dos amarelos (11-7).
As cousas puxéronse peor para os galegos, cun gol de Ledo desde a súa portería e especialmente cando alcanzaron a súa máxima vantaxe estando en inferioridade, cun roubo de Vázquez que puxo o 16-11 nunha contra.
Pero o Teucro aproveitou varios erros defensivos dos locais, e tras unha parada de Santana a Cavero achegábase (17-14) e mesmo se metía de cheo no partido con dous goles de Iván Fernández e Iglesias nos últimos 18 segundos, para retirarse ao descanso cun apertado 18-16.
Melloraron ambas as defensas na segunda parte na que Bidasoa tomaba de novo distancias (23-19). Quique Domínguez esgotou os tempos mortos e o seu equipo reduciu (24-22 e 25-23). Sería o último intento visitante. Bidasoa fixo un parcial de 5-0 e o marcador disparouse ata o 29-23, ampliado aínda nun gol máis, para terminar con ese 32-26, un tanto excesivo para os méritos dun Teucro que competiu para sempre foi a remolque.
BIDASOA (32): Ledo (1); Crowley (3, 1 de penalti.), Nonó (4), Kauldi (7, 1 de penalti), Serrano (2), Salinas (3), Lancina (6) -sete inicial-, Zubiria (p.s.), Cavero, Vázquez (2), Beltza, Aldaba, Muiña (1), Renaud (2), Popovic (1) e Redondo.
CONDES DE ALBAREI TEUCRO (26): Lloria: Balázquez (6), Quintas (5), Rial, Carlos García (4, 2 de penalti), Bruno de Castro, Iglesias (2) -sete inicial-, Santana ( p.s.), Moyano (2), Borja Méndez (3), Iván Fernández (1), Samu Gómez (2), Dani Hernández (1, de penalti), Edu Moledo e Samu Pereiro.
Marcador cada cinco minutos: 5-3, 8-6, 11-7, 13-10, 16-12, 18-16 (descanso); 20-18, 23-19, 25-22, 26-23, 30-23 e 32-26 (final)
Árbitros: Jesús Alvarez e José Carlos Friera (Asturias). Excluíron dous minutos aos locais Vázquez, Beltza e Popovic e aos visitantes Rial e Bruno de Castro.
Incidencias: Polideportivo Artaleku (Irún). Uns 1.600 espectadores.
Relacionadas:
-
Ilusión copeira para o Teucro antes das vacacións de Nadal
Por Diego Espiño |
-
José Manuel Rial, K.O. para toda a tempada
Por Redacción |
-
Honrosa derrota dun valente Teucro ante o todopoderoso Barcelona (28-38)
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Teucro-Barcelona no Municipal: Misión imposible?
Por Diego Espiño |
-
O Teucro teme que Rial padeza unha grave lesión de xeonllo
Por Diego Espiño |
-
Irún, nova cita no maratón de partidos do Teucro
Por Diego Espiño |
-
Punto que vale ouro para o Teucro nun emocionante partido ante o Ciudad Encantada (21-21)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Festivo de balonmán para o Teucro cun partido "muy importante" ante o Ciudad Encantada
Por Diego Espiño |