Edu Sousa sostén o Pontevedra na súa visita ao Unión Adarve (0-0)
Por Redacción
Quinto empate consecutivo que non alivia os males do Pontevedra, pero que neste caso hai que considerar positivo tendo en conta as condicións nas que foi conseguido. Os de Luisito, que terminou expulsado no Vicente Del Bosque, tiveron en Edu Sousa ao seu mellor home, pero tamén mostraron a seriedade defensiva e intensidade necesaria para sumar un meritorio punto.
Con esta son xa oito as xornadas sen gañar dos granates, aínda que do choque con Unión Adarve saen reforzados na súa moral ao manter novamente a súa portería a cero nun partido de "perna firme" e sufrimento ata o final.
Frío, vento, herba sintética de primeira xeración en moi malas condicións e terreo de xogo de reducidas dimensións. Ingredientes todos eles para que o fútbol brille pola súa ausencia. A falta diso, intensidade na disputa, pelexa e accións a balón parado. Outra cousa é case imposible en escenarios como o campo do barrio madrileño do Pilar.
Nesas condicións, Unión Adarve faise forte aproveitando o seu mellor "coñecemento do medio" e os rivais tratan de adaptarse como boamente poden. Tentouno o Pontevedra recorrendo de novo ao sistema de tres centrais, con catro homes na zona ancha, Prosi por libre para conectar cos puntas e dous dianteiros como Etxániz e Berrocal, que buscaban explotar o seu poderío no xogo por alto, case único recurso para chegar á portería rival.
Nada que reprochar en canto a esforzo, pero case nada tamén en canto a desenvolvemento, cun partido áspero, carente de xogadas de mérito e illados "ramallazos" ben en lanzamentos afastados ou froito de xogadas de estratexia.
Dese modo discorreu toda a primeira parte. Sen apenas sobresaltos, salvo un envío de Gianni, que o probou directo nunha falta á que respondeu Edu mandando a corner (minuto 14) ou Iván Mateo, cun lanzamento que saíu alto (minuto 41).
Pola súa banda o Pontevedra, que non disparou a porta, tivo unha chegada con relativo perigo superada a media hora, pero o centro de Prosi, perigoso, non atopou rematador.
Os inicios da segunda parte foron prometedores para os granates, cun disparo de Kevin Presa desde a frontal que saíu fóra por pouco, pero foi un espellismo. A partir de aí Unión Adarve creceuse, comezando un asedio constante sobre a meta galega, ata o punto de converter ao meta Edu Sousa no heroe do partido.
Ao Pontevedra non lle duraba o balón e cada perda era unha opción para os madrileños, que viron como Edu facía tres milagres consecutivos para rexeitar os remates de Fran, Juanmma e Héctor, case na mesma xogada (minuto 56). Logo sería Iván Mateo quen volvese a probar sorte nun lanzamento de falta que se foi arriba.
Novamente apareceu Edu para sacar outro remate de Juanmma, xusto antes de que o Pontevedra tivese a súa mellor oportunidade cun remate de Berrocal, desde o bordo da área, que saíu xunto ao poste (minuto 73).
A medida que pasaban os minutos e non chegaba o gol, os madrileños foron cedendo no seu empuxe, o que permitiu ao Pontevedra atoparse máis cómodo e mesmo dispoñer de varios achegamentos a balón parado, sen eficacia na posta en escena, chegando ao final cun punto que hai que valorar positivamente, especialmente tendo en conta que as mellores e máis claras ocasións foron para Unión Adarve.
A.D. UNIÓN ADARVE (0): Parra; Nicho, Cadete, Jesús, Juanma, Darío (Garci, minuto 83), Héctor, Leo, Fran, Iván Mateo e Gianni.
PONTEVEDRA CF (0): Edu; David Goldar, Jimmy, Adrián León, Bruno, Kevin Presa, Marcos Álvarez, Álex Fernández (Mongil, minuto 90), Etxániz, Prosi e Berrocal (Carlos Ramos, minuto 87).
Árbitro: José Luis Guzmán Mansilla (Andalucía), auxiliado nas bandas por Ángel Munuera Montero e Ángel Navarro Galera. Expulsou ao adestrador do Pontevedra, Luisito (minuto 79). Amoestou a Leo e Héctor, no Unión Adarve, e a Kevin Presa, Álex Fernández e Berrocal, no Pontevedra.
Incidencias: Polideportivo Municipal Vicente del Bosque (Madrid). Uns 500 espectadores.
Relacionadas:
-
Semana de descanso... e reflexión
Por Redacción |
-
Luisito explota tras a nova derrota granate e carga contra todos en rolda de prensa
Por Ramiro Espiño |
-
Un autogol condena un Pontevedra sen alma fronte o Atlético de Madrid B (0-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Pontevedra e Atlético de Madrid B, a romper a maldición da X
Por Diego Espiño |
-
O Burgos de Patxi Salinas, rival do Pontevedra nos oitavos de final da Copa Federación
Por Redacción |
-
Jorge e Lezcano marcan diferenzas entre Pontevedra e Rápido de Bouzas (3-0)
Por Ramiro Espiño & Mónica Patxot |
-
O Pontevedra "dá o tipo" sumándose a unha campaña para fomentar a doazón de sangue
Por Diego Espiño |
-
O partido de Copa Federación ante o Rápido de Bouzas, en Mosteiro
Por Redacción |
-
A ilusión do fútbol de barrio contra as urxencias do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Que lle pasa ao Pontevedra?
Por Diego Espiño |
-
A Segoviana manda á UVI a un mal Pontevedra (0-0)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |