O Burgos de Patxi Salinas, rival do Pontevedra nos oitavos de final da Copa Federación
Por Redacción
O Pontevedra Club de Fútbol xa coñece cal será o seu rival nos oitavos de final da Copa Federación, á que accederon tras eliminar ao Rápido de Bouzas.
Os granates enfrontaranse a dobre partido ao Burgos CF, equipo adestrado por Patxi Salinas e que pasa por ser o menos goleado do Grupo II da Segunda División B, no que marcha na sétima posición.
O encontro de ida disputarase no estadio burgalés do Plantío o xoves 11 de xaneiro, mentres que a volta no Estadio Municipal de Pasarón quedou fixada para o día 25, salvo que se produza un acordo entre ambas as entidades para adiantar os choques ao mércores.
O resto de emparellamentos de oitavos de final da Copa RFEF son: Langreo-Escobedo, Vilafranca-Peña Sport, SD Logroñés-Utebo, Betis B-Villanovense, SS de los Reyes-Plasencia, UCAM Murcia-Saguntino e Villarrobledo-Ontiyent.
Relacionadas:
-
Semana de descanso... e reflexión
Por Redacción |
-
Un autogol condena un Pontevedra sen alma fronte o Atlético de Madrid B (0-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Pontevedra e Atlético de Madrid B, a romper a maldición da X
Por Diego Espiño |
-
Jorge e Lezcano marcan diferenzas entre Pontevedra e Rápido de Bouzas (3-0)
Por Ramiro Espiño & Mónica Patxot |
-
O Pontevedra "dá o tipo" sumándose a unha campaña para fomentar a doazón de sangue
Por Diego Espiño |
-
Edu Sousa sostén o Pontevedra na súa visita ao Unión Adarve (0-0)
Por Redacción |