Un Nadal de waterpolo no CGTD
Por Redacción
A actividade non para nas festas para o Club Waterpolo Pontevedra, que prepara dúas intensas xornadas deportivas na piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva coa súa xa tradicional festival do Nadal e o Torneo Internacional de Nadal.
O martes 26 de decembro o protagonismo desde as 16:00 horas para o festival do Nadal, con partidos para os equipos de base das diferentes categorías. Ademais ás 19:30 horas disputarase o 'partido das estrelas' con pais e nais de xogadores, concluíndo ás 20:30 horas co encontro de 'vellas glorias', con ex-xogadores do Waterpolo Pontevedra de diferentes épocas.
Un día despois, o mércores 27, será a quenda do Torneo Internacional de Nadal, con case 10 horas ininterrompidas de waterpolo no CGTD.
Neste torneo amigable participarán, ademais do club local, os equipos portugueses do Naval Povoense (cadete mixto), Fluvial Portuense (absoluto masculino) e Aquático Pacense (absoluto feminino e cadete mixto).
A competición arrincará ás 10:00 horas e finalizará ao redor das 20:00 horas da tarde.
En total o Waterpolo Pontevedra espera reunir entre ambas as dúas xornadas a máis de 200 deportistas nas instalacións do Centro Galego de Tecnificación para despedir o ano da mellor forma posible.