Arlet Ortiz e Pablo Fernández, mellores deportistas do ano en Marín
Por Redacción
A Gala do Deporte local do Concello de Marín entregará o próximo 26 de xaneiro 11 premios e dúas distincións recoñecendo o traballo e esforzo de deportistas e clubs ao longo do último ano.
Os principais galardóns de mellor depotista feminina e masculino ao longo de 2017 foron a parar a dous taekwondistas do Mat's, Arlet Oritz, medallista europea junior, e Pablo Fernández, campión nacional e participante no Mundial celebrado en Corea.
Por estes e outros éxitos o Mat' s será distinguido como mellor club do ano. Ademais o seu deportista Iván García foi selecionado como mellor deportista revelación masculino. Na mesma categoría tamén será recoñecida Paula de la Torre (atletismo).
José Francisco Juncal (atletismo) foi elixido polo xurado como mellor adestrador, do mesmo xeito que Aarón Oritz (tríatlon) na categoría de mellor deportista con discapacidade e Damián Garrido (taekwondo) na de mellor deportista veterano.
Asímismo o premio á traxectoria deportiva é para Celso Méndez Fraguas, o de mellor evento na Supercopa de España de Judo e o de mellor patrocinio na empresa Ence.
Por último decidiuse entregar unha mención espceial a Alberto Teijeira, adestrador do Team Thunder de boxeo, e outra a Hugo Mallo, futbolista do Celta de Vigo.
A Gala do Deporte de Marín celebrarase o próximo 26 de xaneiro no salón de plenos do Concello, a partir das 20:30 horas.
Relacionadas:
-
Éxito dos taekwondistas pontevedreses no Nacional júnior de taekwondo
Por Redacción |
-
Homenaxe aos mellores deportistas marinenses de 2017
Por Redacción |
-
Marín rende honras un ano máis aos seus mellores deportistas
Por Redacción |
-
Jean Marie Okutu e Katya Calvar, recoñecidos como mellores deportistas marinenses de 2016
Por Redacción |