O ITU Multisport Festival de Pontevedra, a un ano vista
Por Redacción
A conta atrás comezou. Desde este venres falta menos dun ano para que Pontevedra acolla o maior evento deportivo da súa historia, en canto a repercusión e nivel competititvo como a nivel de reto organizativo, o ITU Multisport Festival 2019 de Tríatlon.
Con motivo da efeméride, o Concello instalou dúas bandeiras conmemorativas do campionato que ondearán ata o inicio do mesmo, o 27 de abril de 2019, na Praza de España e na Ponte dos Tirantes.
O festival multideporte promovido pola Federación Internacional de Tríatlon (ITU) supoñerá a celebración en Pontevedra, do 27 de abril ao 5 de maio do próximo ano, dos mundiais de tríatlon de longa distancia, tríatlon cros, dúatlon, aquatlón e aquabike, nos que está previsto que participen preto de 4.000 deportistas.
Estes días o Servizo Municipal de Deportes traballa na organización dunha reunión do comité organizador que se celebrará en Pontevedra o próximo mes de maio, e nos que quedarán definidos diferentes aspectos do evento e avanzarase no seu orzamento final.
Este comité volverá reunirse o 12 e 13 de xullo en Dinamarca, onde se celebrará o ITU Multisport Festival deste ano, cita na que unha delegación pontevedresa recollerá a bandeira oficial do campionato como símbolo da súa próxima organización.
Relacionadas:
-
O ITU Multisport de Pontevedra colle ritmo coa súa presentación en Dinamarca
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra, rumbo a Dinamarca para presentar o ITU Multisport 2019
Por Alejandro Espiño |
-
O ITU World Multisport de Pontevedra será o "maior evento" deportivo de Galicia en 2019
Por Alejandro Espiño |
-
O Multisport Festival e o Mundial Junior de Balonmán 2019, eventos de "excepcional interese público"
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Queres ser voluntario no Mundial de Triatlón de 2019?
Por David Arana |
-
As máximas autoridades deportivas apoian a Pontevedra na presentación do ITU Multisport Festival 2019
Por Redacción |
-
O ITU Multisport Festival 2019 de Pontevedra define a súa estratexia de comunicación
Por Redacción |
-
"As sensacións son boas" tras a avaliación Federación Internacional Tríatlon
Por Redacción |