"Es una semana que todo el mundo quiere que pase rápido y llegue el domingo"
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol, despois da xornada de descanso habitual dos martes, prepara xa a pleno rendemento a última xornada de liga, na que se xogará as súas opcións permanencia visitando ao Atlético de Madrid B. Faino sen botar a vista atrás, a pesar do pau que supuxo non poder lograr o obxectivo vencendo en Pasarón o Unión Adarve.
"El lunes estábamos fastidiados, el martes estábamos fastidiados pero el miércoles ya no, hay que pasar página y pensar en el partido porque no nos queda otra", asegura Luismi.
O técnico, que como xogador viuse en situacións similares, recoñece que "es una semana que todo el mundo quiere que pase rápido y llegue el domingo", aínda que aposta por afrontala "con tranquilidad".
"Yo creo que ahora mismo el equipo quitando el accidente de Segovia fuera de casa está bien", engadiu con optimismo o técnico, seguro de que conseguirán vencer o domingo ao filial colchoneiro.
Luismi deberá afrontar as ausencias de Kevin Presa por sanción e de Prosi por sanción, mentres que Darío Flores ten moi complicado chegar a tempo para entrar na convocatoria a pesar de que "ata o último día non imos saber nada", revelou o preparador granate este mércores en rolda de prensa.
No aspecto positivo os que si volven e apuntan ademais ao once titular en Madrid son Álex González e Nacho López cumpridas as súas respectivas sancións.
Por último o responsable técnico do equipo pediu un esforzo aos afeccionados para que na medida das súas posibilidades acompañen ao Pontevedra esta fin de semana. "Todos los que puedan venir y apoyar que vengan porque los vamos a necesitar", declarou ante os medios de comunicación.
Relacionadas:
-
Salvados! O Pontevedra gaña en Madrid (0-2)
Por Diego Espiño & Ramiro Espiño |
-
Todo ao granate, non vai máis!
Por Diego Espiño |
-
David Añón: "Imos todos a deixarnos a pel para manter o Pontevedra na Segunda B"
Por Diego Espiño |
-
Autobuses de balde para acompañar o Pontevedra na final pola permanencia
Por Redacción |
-
Tres prazas de descenso máis o play-out para cinco equipos, así será a infartante última xornada da 2ªB
Por Diego Espiño |
-
O árbitro do Pontevedra-Adarve denuncia na acta un enfrontamento verbal con Lupe Murillo
Por Diego Espiño |
-
A seguir sufrindo. O Pontevedra non pode con Unión Adarve (0-0) e necesita gañar en Madrid
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |