David Añón: "Imos todos a deixarnos a pel para manter o Pontevedra na Segunda B"
Por Diego Espiño
Pasan as horas e a hora da verdade vaise a achegando para o Pontevedra Club de Fútbol.
"Non nos da chegado o partido", asegurou este venres tras o adestramento do equipo David Añón, sinalando as ganas de que chegue o domingo e poder lograr un triunfo que permita a permanencia na Segunda División B.
O atacante manda unha mensaxe aos seguidores e defende que "ninguén dubide que imos todos a deixarnos a pel para manter o Pontevedra na Segunda B".
Añón ademais esquécese de contas e asegura que "nós témolo moi claro, gañando o partido da igual o que fagan os demais, estamos salvados", polo que traballan cunha sóla idea en mente e sen pensar no rival e no resto de equipos implicados na loita pola salvación.
DOUS AUTOBUSES ACOMPAÑARÁN O EQUIPO
O club granate confirmou que completou dous autocares dentro da viaxe organizada para que os afeccionados acompañen o Pontevedra o vindeiro domingo en Madrid.
Este cento de seguidores veranse apoiados por máis pontevedreses que viaxarán polos seus propios medios e pola comunidade granate que vive na capital de España, e que non deixará só ao equipo no momento máis importante da tempada.
Relacionadas:
-
Salvados! O Pontevedra gaña en Madrid (0-2)
Por Diego Espiño & Ramiro Espiño |
-
Todo ao granate, non vai máis!
Por Diego Espiño |
-
"Es una semana que todo el mundo quiere que pase rápido y llegue el domingo"
Por Diego Espiño |
-
Autobuses de balde para acompañar o Pontevedra na final pola permanencia
Por Redacción |
-
Tres prazas de descenso máis o play-out para cinco equipos, así será a infartante última xornada da 2ªB
Por Diego Espiño |
-
A seguir sufrindo. O Pontevedra non pode con Unión Adarve (0-0) e necesita gañar en Madrid
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |