BTT para todos os niveis na II Ruta Lacón-Xes de Cuntis
Por Redacción
O Club de Montaña Xesteiras de Cuntis organiza o vindeiro sábado, 26 de maio, a segunda edición da Gran Ruta BTT Lacón-Xes.
Esta ruta, que nace da unión das que se realizaban polo Lacón e no Xesteiras, partirá da Praza dás Árbores, no centro da vila, e pasará por O Pazo, Laxos, A Louriña, Rebordelo, Hermida, Cequeril, Sevil, Vilar de Mato, Campo, Vilar, Soutelo, Couselo, Magán, Vilameán, Troáns, Rogadio, Fontecoba, dúas aldeas da zona de Campo Lameiro, unha de Requián e outra de San Clemente de César.
Os amantes do BTT teñen unha cita cun evento que habilita tres distancias con diferente lonxitude e dificultade.
Ás 9:00 horas tomarán a saída os participantes na Gran Ruta Lacón- Xes, con 80 quilómetros de percorrido e un desnivel positivo acumulado de case 2.800 metros.
Á mesma hora sairán tamén os inscritos na ruta curta, de 32 quilómetros, que coincide no seu primeiro tramo coa opción longa.
Aínda por riba, pola tarde disputarase a chamada Ruta BTT Xesteiras, con 40 quilómetros de percorrido, a partir das 15:00 horas.
A organización do evento espera poder alcanzar a cifra de 150 deportistas participantes.