Unha semana de baloncesto polos catro custados en Marín
Por Redacción
Todo listo en Marín para vivir unha semana de emoción e o mellor deporte de base co Campionato de España Infantil Masculino de baloncesto.
Os pavillóns do Sequelo, A Raña e o Colexio San Narciso serán escenario dunha competición que leva detrás unha importante infraestrutura organizativa e que toma a testemuña de anteriores citas na vila, como o Nacional Cadete de 2012, o Junior masculino de 2013 e 2014 ou o Infantil feminino de 2017.
O Club Baloncesto Peixefresco e a Federación Galega de Baloncesto, co apoio do Concello, traballaron sen descanso nas últimas semanas para que todo salga redondo a partir deste domingo 10 de xuño, data en que se dará o bucinazo de saída a un campionato que non se pechará ata o vindeiro sábado día 16.
Un total de 66 encontros disputaranse en Marín ao longo da semana, sendo as xornadas de maior actividade as tres primeiras, nas que se poderá gozar de tres encontros por día na Raña e Sequelo e de catro en San Narciso.
O Campionato de España leva uns números que asustan, máis aló dos 450 deportistas e 32 equipos de todo o país participantes, como son as 2.500 botellas de auga que se repartirán aos equipos, 4.000 pezas de froita (plátanos e mazás), 60 voluntarios, 20 árbitros, 6 técnicos arbitrais, tres ambulancias ou os máis de 20 hoteis da comarca entre os que repartirán os equipos participantes.
Todo para que se viva un auténtico espectáculo no que o FC Barcelona tentará defender o título de campión que logrou hai un ano en Cambados.
Relacionadas:
-
O Nacional Infantil de Baloncesto é 'La Bomba'
Por Redacción |
-
Os Nacionais de baloncesto infantil entran na súa fase decisiva
Por Redacción |
-
Marín e Pontevedra contáxianse de baloncesto co inicio dos campionatos de España infantil
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Campionato de España Infantil Feminino de Baloncesto, en números
Por Diego Espiño |
-
Marín tamén quenta motores para o Nacional Infantil de Baloncesto
Por Redacción |
-
O Nacional Infantil Feminino de Baloncesto desvela os seus grupos de competición
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Marín renova o seu convenio coa Federación e mantense como eixo do baloncesto galego
Por Redacción |