O Teucro Infantil Feminino regresa do Nacional sen coroa
Por Redacción
O Nacional Infantil de Balonmán deixou no equipo do Teucro Clínica Véteris un sabor agridoce. Aínda que son conscientes do éxito que supón formar parte dos oito mellores equipos de toda España o seu espírito competitivo esixíalles máis.
Este venres completaron a súa participación no Campionato Nacional sen sumar ningunha vitoria nos tres partidos disputados contra o Helvetia Anaitasuna, Hand Vall Valladolid e o Pozuelo.
Ata a localidade de Pozuelo de Calatrava, en Cidade Real, desprazáronse as familias das xogadoras para seguir esta eliminatoria que coroa cada tempada ás campioas nacionais.
Curiosamente os dous anfitrións, Balonmán Concello Manzanares e Pozuelo de Calatrava, non contaban coas afeccións máis numerosas pois os equipos visitantes arrastraron máis seguidores que os castelán-manchegos.
A estes habería que sumar as miles de pantallas que están a seguir desde casa os encontros a través do streaming da web oficial da Real Federación Española de Balonmán.
No seu regreso a casa, cunha parada sorpresa no Parque Warner como agasaio das suas familias, as mozas do Teucro pensaban xa na próxima tempada marcándose o reto de superar os éxitos deste ano no que gañaron a liga galega e a copa.
Relacionadas:
-
O Teucro Infantil feminino clasifícase para a Fase final do Sector Estatal
Por Redacción |
-
Ilusión por bandeira para o Teucro ante a fase zonal feminina do Campionato de España Infantil
Por Diego Espiño & Paula Sanmartín |
-
RADIO.- Conversas na Ferrería: O "fair play" do Teucro infantil feminino
Por Marisa Ciordia |