Sergio Vega proclámase en Castellón campión de España Elite de ciclismo
Por Ramiro Espiño
O corredor cántabro do GD Supermercados Froiz, Sergio Vega, conseguiu a vitoria na categoría Elite no Campionato de España de ciclismo disputado na mañá deste domingo en Castellón.
Nunha carreira na que compartían ruta cos profesionais (Movistar, Bahrain, Caixa Rural, Trek Segrafedo, Sky, etc), cun percorrido de 215 quilómetros, produciuse unha fuga de poucas unidades ao principio da proba que foi neutralizada a falta de 50 quilómetros para meta, pero que rompeu o pelotón en varias unidades, tanto que faltando 60 quilómetros formáronse tres grupos. Nos dous primeiros, sempre ao ritmo que marcaban Movistar e Sky, ían os favoritos en profesionais e no terceiro grupo afianzouse Sergio Vega, conseguindo dar alcance a segundo paquete, a falta de 30 quilómetros e aos escapados a falta de 15.
Con maioría de homes do Movistar, cando faltaban 5 quilómetros Gorka Izaguirre, do Bahrain Mérida, daría a sorpresa conseguindo abrir un pequeno oco de 9 segundos, que lle daría o triunfo en profesionais sobre Alejandro Valverde, que foi segundo e Fraile, terceiro.
Moi preto, co grupo das estrelas, nun fantástico noveno posto, entraba Sergio Vega, que conseguía así o Campionato de España en categoría elite, por diante de Antonio Soto (Lizarte) e de Carlos Cobos (Caja Rural) que foron segundo e terceiro.
Vega suma así un novo e importante triunfo, tras a recente consecución da Volta a Coruña para o Supermercados Froiz.
Relacionadas:
-
Sergio Vega deixa o Froiz e dá o salto ao ciclismo profesional cun equipo portugués
Por Redacción |
-
Dobre podio para o Froiz no Campionato Galego Contrarreloxo por equipos
Por Redacción |
-
O Froiz viaxa a terras vascas para disputar o Memorial Jon Lazkano
Por Redacción |
-
Guillermo García queda a 11 segundos do podio no Campionato de España Contrarreloxo
Por Redacción |
-
O Froiz, satisfeito do seu papel ante profesionais en Portugal
Por Redacción |
-
Sergio Vega dálle ao Froiz a súa undécima Volta á Coruña
Por Redacción |