A carreira Pinga Pinga homenaxeará á ex xogadora de balonmán Begoña Fernández na súa novena edición
Por Redacción
A Carreira Popular Pinga Pinga esquécese das polémicas de 2017 e céntrase na que será a súa novena edición, prevista para o vindeiro sábado 6 de outubro.
Santo Tomé de Piñeiro volverá gozar do mellor atletismo popular cunha cita xa consolidada e que repetirá formato, cun percorrido de 7,2 quilómetros (3 voltas) que terá saída e chegada no campo de fútbol da parroquia e que terá como novidade a opción de poder participar por remudas.
As diferentes categorías competirán a partir das 16:10 horas, comezando polos menores, para terminar coa carreira absoluta a partir das 17:05 horas.
A programación completaraa por terceiro ano unha andaina de 5,5 quilómetros que partirá ás 17:00 horas.
O Club Deportivo Pinarium, organizador do evento coa colaboración do Concello de Marín, a Comunidade de Montes de Santo Tomé e a asociación de Os Amigos da Mazá e da Sidra, dará continuidade á habitual homenaxe a un deportista de elite. Nesta ocasión a honra recaerá na ex-xogadora de balonmán Begoña Fernández, medallista olímpica en Londres 2012.
As inscricións para participar na IX Pinga Pinga permanencerán abertas ata o día 3 de outubro en www.carreirasgalegas.com a un prezo de 5 euros, dos que 1 euros será destinado á Asociación Española Contra o Cancro.