Bea Gómez e María Vilas incorpóranse ao Club Natación Galaico
Por Sofía Lorenzo
Un ano despois de anunciar a súa marcha ao Sabadell, Bea Gómez Cortés regresa ao Club Natación Galaico para nadar na piscina de sempre. A pesar de que a tempada non comeza ata o próximo 9 de novembro, Bea leva adestrando todo o mes de setembro no Complexo Deportivo Rías do Sur con Diego Pérez, o director deportivo do Galaico.
"Estamos encantados de que venga a trabajar con nosotros. Es un muy buen refuerzo del equipo para esta temporada", asegura a presidenta do club, Amparo Porta, que tamén falou sobre a chegada ao Galaico de María Vilas, nadadora olímpica procedente de Riveira. "Las dos nadadoras internacionales se incorparan este año y suponen un gran fortalecimiento del equipo", engade Porta.
Pola súa banda, o adestrador de Bea Gómez no Galaico explica que "Bea es una nadadora de nivel mundial que compite en todas las pruebas y refuerza muchísimo cualquier equipo". Así mesmo, sobre o mes que leva traballando coa pontevedresa, Diego Pérez asegura que "es muy fácil trabajar con ella, lleva toda la vida en el club y, realmente, su regreso es una vuelta a la rutina", bromea.
A día de hoxe, o traballo de Bea Gómez está centrado no Campionato de España de Piscina Curta, que se disputará durante o segundo fin de semana de novembro en Barcelona, ademais da Copa de España de Clubs en decembro.
Relacionadas:
-
Bea Gómez recibe en Ourense o premio á mellor deportista universitaria de 2019
Por Redacción |
-
Bea Gómez vuelve a brillar en la piscina
Por Manu Otero |
-
O Campionato de España de Piscina Curta, primeiro gran reto da tempada para o Galaico
Por Redacción |
-
O Natación Galaico marca territorio no inicio da Liga Galega de Clubs
Por Redacción |
-
Marcos Vila e Bea Gómez Cortes impóñense na III Travesía a nado de Raxó
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Bea Gómez Cortés, cuarta nos 200 estilos, a un paso das medallas nos Xogos Mediterráneos
Por Redacción |
-
Bea Gómez Cortés abandona o Galaico e inicia unha nova etapa no Club Natació Sabadell
Por Diego Espiño |