O Arosa cae nun partido importante ante un rival directo, o CD Barco (3-2)
Por Redacción
O Arosa perdeu esta fin de semana ante o segundo clasificado, o CD Barco, que xa suma 8 vitorias en 11 xornadas (leva un partido xogado menos). Pola súa banda, o cadro pontevedrés volveu perder despois de dous encontros sen coñecer a derrota.
A primeira parte do choque foi dominada polo cadro local, que anotou dous goles que, coa chegada do descanso, parecían establecer un resultado difícil de igualar polos visitantes. Con todo, no 20' da segunda metade, Mauri conseguía sumar no marcador o primeiro tanto dos pontevedreses (2-1).
E non quedou aí, xa que 10 minutos despois volveu acertar na portería de Azpillaga, conseguindo igualar o resultado. Co 2-2 e aínda 15 minutos por diante, os de Arousa víronse esperanzados. Pero, desafortunadamente para eles, no 82', Revolta volvía poñer aos locais por diante dándolles a vitoria e, con ela, os tres puntos da xornada (3-2).
Consulta aquí a acta do CD Barco-Arousa.
Pola súa banda, o Céltiga sumou a súa segunda derrota consecutiva ao non ser quen de facerlle fronte ao choque ante o Villalbés que, con todo, ocupa a penúltima posición da táboa con 10 puntos en 12 xornadas.
A primeira parte foi para os locais, xa que anotaron o primeiro gol do cadro e do partido no 31', por medio de Diego Rey. Así, os pontevedreses fóronse o descanso coa desvantaxe dun tanto no marcador (1-0).
A segunda parte presentouse máis complicada, xa que a partir do 65' o Céltiga tivo que xogar cun home menos no campo, Jacobo. Os locais aproveitaron a oportunidade, e no 89' marcaron o 2-0 cunha acción de Juan de Dora. Unha xornada difícil para os pontevedreses que non lograron levar a casa os tres puntos.
Consulta aquí a acta do Villalbés-Céltiga.
Igualmente, o Ribadumia non conseguiu vencer a un dos conxuntos que se atopan por baixo na táboa, o Polorín FC, que suma 8 derrotas no que vai de tempada. Así, o cadro pontevedrés mantense na parte media da clasificación con 14 puntos.
Comezou controlando o partido o Ribadumia, que aos 12 minutos de xogo estreou o marcador cun gol de Fran Fandiño. Con todo, pouco despois, Antón Escobar igualou o resultado cun tanto na portería de Roberto Pazos (1-1). Pero a cousa non quedou aí, xa que tres minutos despois, Morais deulle o liderado aos visitantes co 1-2.
A segunda parte, máis do mesmo, xa que aínda anotarían os do Polvorín tres goles máis. O primeiro foi un penalti que tirou Antón Escobar, facendo o 1-3. Javi Rey sería o autor do 1-4, que parecía darlle a vitoria xa aos visitantes no 61'. Con todo, 20 minutos despois, Hugo Soto recortou distancias e conseguiu o 2-4. Pero xa non serviría, posto que Juan Brunet marcaría no último minuto de xogo o definitivo 2-5 que lles otorgaría os tres puntos aos do Polvorín.
Relacionadas:
-
Un Arosa sen sorte cae ante o Choco e se une ás derrotas de Ribadumia e Céltiga
Por Redacción |
-
O Arosa termina en táboas ante o Boiro e o Ribadumia vence o Céltiga
Por Redacción |
-
O Arosa deixa atrás a súa mala xeira cunha vitoria ante o Porriño Industrial (3-0)
Por Redacción |
-
O Arosa pon fin a dúas malas xornadas cun empate ante o Ourense (1-1)
Por Redacción |
-
O Arosa suma, ante o Racing de Ferrol, a súa segunda derrota consecutiva (0-1)
Por Sofía Lorenzo |